PRESENTACIÓN OFICIAL DO CLUB SEO

web_02

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

O sábado 19 de xaneiro celebrouse na Casa da Cultura de Ordes a presentación oficial do club SEO. No acto de presentación tomaron parte os representantes do club, así como os compoñentes da corporación do Concello de Ordes, os cales ofreceron todo o seu apoio para as actividades levadas a cabo polo club. O numeroso público asistente puido coñecer de primeira man a oferta de actividades programadas polo club, recrearse na exposición de fotografías e materiais utilizados en devanditas actividades, e gozar coa proxección do espectacular vídeo do Bimbache Extreme, o raid de aventura máis importante de españa. O acto fué seguido por Localia TV, quen se encargou ademais da edición do vídeo de presentación do club. Desde esta páxina queremos agradecer o apoio prestado polos patrocinadores do club, polos compoñentes da corporación municipal, polos medios de comunicación, polo público asistente ó acto, e expecialmente por todos os corredores e simpatizantes do club. Grazas a todos eles por facer realidade que o deporte sexa un estilo de vida.

web_01