|
Domingo 20 con saída ás 07:30 da mañán dende a Alameda de Ordes.
Proponse un programa para todo o mundo, de 3 (ou menos) a 101 anos.
A
idea e facer actividades ó alcance de todo o mundo e unha vez acabadas
meternos un cocido nunha casa de comidas da zona que xa coñecemos (un
cocido caralludo todo hai que dicilo).
O courel é unha das zonas de
Galicia que mellor conserva os costumes e a paisaxe da \"Galicia
antiga\" Tratase dunha toma de contacto para quenes non o coñecen,
(ainda que os tarandeira van a miúdo)poderiamos despois de comer ver
algunha cousa máis por exemplo o Castro de Vilar; é un antigo Castro
nunha ubicación flipante, pero as posibilidades son infinitas, rutas de
sendeirismo e trekking, btt, escalada, covas, fervenzas, cocidos
caralludos, tabernas con viño e cerveza etc.
Unha ruta (a clasica
da Devesa da rogueira), pódea facer todo o mundo pero para quen non
esté acostumado ó deporte ou simplemente a camiñar pode resultar algo
dura, ollo sóo algo, non é para deportistas (faina xente que nunca
pisou unha bosta de vaca) hai tres posibilidades: unha de 600 mts de
desnivel aprox. outra de 900 e a terceira que é practicamente chan pero
que atravesa a Devesa da rogueira pola parte máis caracteristica, esta
última fixemola con nenos pequenos.
Equipo: botas ou zapatillas de
trekking (tamen valen playeros se non chove) e unha chaqueta, gorro,
guantes e braga ou buff porque pode facer algo de frío, aínda que creo
que non hai neve.
Se alguén quere máis información que me chame ao número 699812737.
Data
límite inscripción:este xoves 17 ata as 15.00 h mandademe un correo ou
un sms.
Saúdos.
|