Resultados provisionais Lugo |
Xa saíron publicados os resultados provisionais da carreira de orientación celebrada en Lugo.
Noraboa a Daniel Balado polo seu triunfo en H-16 e a Javier Veiga polo seu segundo posto acadado en H-21A.
Outros postos destacados son a sexta posición de Fran Varela en H-21 Élite e tamén a sexta posición de Pablo Veiga en H-21A.
Veña, que para a seguinte copamos os podios!!!!
Podedes descargarvos as clasificacións neste PDF.
|
|
Resultados A Pastoriza (Pontevedra) |
Saíron publicados os resultados provisionais da proba realizada o 23 de febreiro en A Pastoriza (Pontevedra).
Mención especial para Clara Miguelez en D-21 e Pablo Veiga en H-21 que acadaron o terceiro posto nas súas categorías.
Lista de clasificación.
|
|
RESULTADOS 1ª PROBA LIGA GALEGA - ARTEIXO |
Xa están dispoñibles os resultados provisionais da primeira proba da liga galega de oientación celebrada en Arteixo.
resultadosarteixo
|
|
CALENDARIO DA LIGA GALEGA 2008 |
Xa temos o calendario final da Liga Galega de Orientación a Pé para a temporada 2008, así como as especificacións técnicas que han de cumplir os percorridos.
calendarioagaco2008 recorridos2008
|
|
PRESENTACIÓN OFICIAL DO CLUB SEO |
O sábado 19 de xaneiro celebrouse na Casa da Cultura de Ordes a presentación oficial do club SEO. No acto de presentación tomaron parte os representantes do club, así como os compoñentes da corporación do Concello de Ordes, os cales ofreceron todo o seu apoio para as actividades levadas a cabo polo club. O numeroso público asistente puido coñecer de primeira man a oferta de actividades programadas polo club, recrearse na exposición de fotografías e materiais utilizados en devanditas actividades, e gozar coa proxección do espectacular vídeo do Bimbache Extreme, o raid de aventura máis importante de españa. O acto fué seguido por Localia TV, quen se encargou ademais da edición do vídeo de presentación do club. Desde esta páxina queremos agradecer o apoio prestado polos patrocinadores do club, polos compoñentes da corporación municipal, polos medios de comunicación, polo público asistente ó acto, e expecialmente por todos os corredores e simpatizantes do club. Grazas a todos eles por facer realidade que o deporte sexa un estilo de vida.
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 21 Siguiente > Final >>
|
Resultados 181 - 185 de 185 |