|
Limpeza do río Lenguelle |
|
|
|
O compañeiro Luís Miguez (membro da Asociación Medioambientae Comarca de Ordes) pon en coñecemento que este sábado realizarase unha limpeza conxunta de ríos en 23 concellos.
No concello de Ordes prcederase a limpeza do río Lenguelle dende a presa de Castenda ata a estación da Pontraga.
A reunión informativa terá lugar o sábado 4 de outubro na estación da Pontraga as 09:45 da mañán.
Para máis información: Web do Concello de Ordes
|
|
|
Ranking de raids 2008 |
|
|
|
Públicase o primeiro ranking da IV Copa Galega de Raids de Orientación e Aventura.
Ránking en PDF
|
|
|
Fotos do Raid de Carnota |
|
|
|
Xa están subidas as fotos do I Raid de Carnota.
En canto dispoña de máis fotos iranse subindo. Estas fotos reuniranse todas nun CD e poranse a disposición do club en alta resolución.
Noraboa a todos os participantes.
|
|
|
PRESENTACIÓN OFICIAL DO CLUB SEO |
|
|
|
O sábado 19 de xaneiro celebrouse na Casa da Cultura de Ordes a presentación oficial do club SEO. No acto de presentación tomaron parte os representantes do club, así como os compoñentes da corporación do Concello de Ordes, os cales ofreceron todo o seu apoio para as actividades levadas a cabo polo club. O numeroso público asistente puido coñecer de primeira man a oferta de actividades programadas polo club, recrearse na exposición de fotografías e materiais utilizados en devanditas actividades, e gozar coa proxección do espectacular vídeo do Bimbache Extreme, o raid de aventura máis importante de españa. O acto fué seguido por Localia TV, quen se encargou ademais da edición do vídeo de presentación do club. Desde esta páxina queremos agradecer o apoio prestado polos patrocinadores do club, polos compoñentes da corporación municipal, polos medios de comunicación, polo público asistente ó acto, e expecialmente por todos os corredores e simpatizantes do club. Grazas a todos eles por facer realidade que o deporte sexa un estilo de vida.
|
|
|
PRESENTACIÓN DO CLUB |
|
|
|
PRESENTACIÓN:
CLUB S.E.O.
SOCIEDADE EXCURSIONISTA CIENTÍFICA DE ORDES
AVENTURA, RAIDS, ORIENTACIÓN, SENDERISMO, KAYAK, BTT, ESCALADA…
SÁBADO 19 DE XANEIRO ÁS 18:30 HORAS NACASA DE CULTURA: PRESENTACIÓN DO CLUB E PROXECCIÓN DO VÍDEO “BIMBACHE EXTREM” (o Raid de Aventura máis importante de España).
¡¡ESTAS INVITADO NON PODES FALTAR!!
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 3 Siguiente > Final >>
|
| Resultados 1 - 9 de 25 |